Nocelo da Pena, casa de
Nocelo da Pena, casa de
Construción situada en Sarreaus. Presenta planta en forma de U, cun muro que pecha o espazo entre as dúas ás, e no medio deste, un portal. Unha das ás laterais desenvólvese no extremo de forma semicircular e lembra a forma curvada das torres das antigas fortalezas medievais. Conserva unha solaina sobre piares que se estende pola parte posterior da edificación.