nódulo

nódulo

(

  1. s m
    1. Concreción de pouco volume.

    2. [XEOL]

      Concreción de forma variable e de composición diferente á da rocha encaixante, que presentan ás veces as rochas sedimentarias. Os nódulos máis correntes son de sílex, aínda que hai outros como os de fosfato de calcio ou de óxidos e carbonatos de ferro.

    1. s m [BIOL]

      Acumulación de tecido.

    2. nódulo de Aschoff e Tawara [ANAT]

      nódulo auriculoventricular.

    3. nódulo linfático [ANAT]

      ganglio linfático.

    4. nódulo sinusal/sinoauricular/de Keith e Flak [ANAT]

      Masa de fibras musculares cardíacas especializadas que actúa habitualmente como marcapasos do sistema de condución cardíaca.

  2. nódulo radical [BOT]

    Engrosamento das raíces das fabáceas que se produce pola simbiose con rizobios.

Palabras veciñas

nodoso -sa | nodulación | nodular | nódulo | Noé | Noé | Noega