Noé
Noé
[ONOM]
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no nome persoal hebreo Noah, derivado de niham ‘aliviar’. O seu posible significado é ‘apracible, manso’, ‘de longa vida’ ou mesmo ‘repouso, descanso’. O nome hebreo pasou ao grego como Noé e ao latín como Noe. A súa festividade celébrase o 10 de novembro.