noivo -va

noivo -va

(< lat v *novĭu, denovus ‘novo’)

  1. s

    Persoa que contraeu matrimonio hai pouco tempo.

    Ex: Os noivos, como manda a tradición, foron os que abriron o baile cun vals.

  2. s
    1. Persoa que mantén unha relación amorosa con outra coa finalidade de casar con ela.

      Ex: Os noivos invitaron a parte da familia á pedida de man.

    2. Persoa que mantén unha relación amorosa con outra. Na tradición oral recóllense ditos como: “Á muller casada nunca noivo lle falta”.

      Ex: O meu primeiro noivo xa está casado e ten un fillo.

Refráns

  • Co mozo galán ten a túa filla da mano

Palabras veciñas

noitevella | noitiña | noivado | noivo -va | Noja | Noja Ruiz, Higinio | Nok, cultura de