Nok, cultura de
Nok, cultura de
Cultura de África occidental que se desenvolveu entre os ss X a C e III, na rexión central da actual Nixeria. Tomou o nome dun pequeno poboado mineiro situado preto de Jos, capital do estado de Plateau. Os primeiros traballos producíronse nunhas minas de estaño e son pequenas cabezas humanas, feitas de terra cocida de corte realista, que por algúns trazos recordan as creacións artísticas das culturas nixerianas, moi posteriores no tempo (ss XIII-XIX), de Ife e Benin, e as tallas de madeira dos yorubas.