Novo Gales do Sur

Novo Gales do Sur

Estado do SL de Australia (801.600 km2; 6.371.745 h [2001]). A capital é Sydney. A costa oriental percórrea a Great Dividing Range, ata o estado de Victoria. O clima é morno, máis caloroso e seco ao O. É o estado máis poboado de Australia, cunha forte concentración na costa, onde se atopa a capital e outras cidades importantes, como Newcastle e Wollongong. É unha importante rexión gandeira, que concentra as dúas quintas partes do gando ovino e unha cuarta parte do bovino do país. Ten grandes reservas de carbón en Newcastle, Lithgow, Cessnock, e depósitos de ouro, cinc, prata e chumbo. Ademais conta con importantes industrias   siderúrxicas, petroquímicas, químicas, aeronáuticas e alimentarias.