Obrero, El

Obrero, El
[PUBLIC]

Periódico quincenal, subtitulado “Defensor de los intereses de la clase obrera”, que foi impreso en Ferrol desde o 1 de maio de 1890 ata 1894. De carácter obreirista no seu comezo, achegouse de xeito notable ás teses dos correlixionarios de Pablo Iglesias a partir da creación do grupo socialista na cidade en febreiro de 1891. Posteriormente pasou a ser semanario, cunha tiraxe de 500 exemplares.