oriflama

oriflama

(< lat auru ‘ouro’ + flamma‘chama’)

  1. s f [HIST]

    Insignia feudal da abadía de Saint-Denis (Francia), que foi adoptada polos reis franceses desde o s XI a 1465. Tiña forma cadrada e era de seda vermella, sementada con estrelas de ouro.

  2. s f

    Bandeira ou estandarte de cor encarnada e reflexos áureos.