Origanum
Origanum
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas e arbustos vivaces, da familia das lamiáceas, que presentan follas enteiras ou dentadas, inflorescencias terminais e flores pequenas e agrupadas en espigas globosas, co cáliz campaniforme e a corola bilabiada. Son propias de rexións temperadas de Europa. En Galicia cultívanse, polo seu interese como plantas medicinais e aromáticas, o ourego (O. vulgare) e a maiorana (O. majorana).