palmo
palmo
(< lat palmu)
-
Enfermidade das vacas que produce inflamación dos ubres e presenza de sangue no leite.
-
s
m
[METROL]
Medida lineal aproximativa de arredor de 21 cm, na que se toma en conta a distancia que hai entre a punta do dedo polgar e a do dedo maimiño, tendo a man aberta e os dedos estendidos.
Sinónimos: cuarta. -
s
m
[METROL]
Medida que se utiliza para cubicar a madeira.
-
s
m
[METROL]
Medida antiga que equivalía aos catro dedos da man unidos.
Frases feitas
-
Palmo a palmo. 1 Moi lentamente. Ex: Camiñaban palmo a palmo polo angosto camiño.
-
2 En toda a súa extensión e con minuciosidade. Ex: Coñece Galicia palmo a palmo.
-
Palmo de terra. Pequena extensión de terra.