palmo

palmo

(< lat palmu)

  1. s m [METROL]

    Medida lineal aproximativa de arredor de 21 cm, na que se toma en conta a distancia que hai entre a punta do dedo polgar e a do dedo maimiño, tendo a man aberta e os dedos estendidos.

    Sinónimos: cuarta.
  2. s m [METROL]

    Medida que se utiliza para cubicar a madeira.

  3. s m [METROL]

    Medida antiga que equivalía aos catro dedos da man unidos.

Frases feitas

  • Palmo a palmo. 1 Moi lentamente. Ex: Camiñaban palmo a palmo polo angosto camiño.

  • 2 En toda a súa extensión e con minuciosidade. Ex: Coñece Galicia palmo a palmo.

  • Palmo de terra. Pequena extensión de terra.

Palabras veciñas

palmitina | palmito* | palmo | palmo | palmoeira | palmoeirar | Palmou