2 parar

2 parar

(

  1. v t

    Impedir que continúe unha acción ou un movemento determinado.

    Ex: Os médicos conseguiron pararlle a hemorraxia. Parou a aspiradora para falar comigo. Paroulle a patada coa cadeira.

    Sinónimos: deter.
  2. v t

    Levantar o can a caza.

    Ex: O can de meu pai para moi ben as perdices.

  3. v t
    1. Quitar, en esgrima, coa espada o golpe do contrario.

    2. Deter ou interceptar a pelota ou a xogada ou movemento do contrario.

      Ex: O porteiro parou tres penaltis.

  4. v i

    Deixar de producirse ou ocorrer algo que está en proceso.

    Ex: Non parou de chover en todo o día. De súpeto, os berros pararon.

    Sinónimos: cesar.
  5. v i
    1. Aloxarse nunha poboación ou nun lugar determinado.

      Ex: Cando estudante paraba nesa pensión.

    2. Ir con frecuencia a un lugar.

      Ex: Habitualmente paraba no bar do Elixio.

    3. Estar nun lugar ou nunha situación durante un tempo máis ou menos prolongado.

      Ex: As vacas páranlle soas no prado da horta. O meu fillo non para na casa. Non para quieto nin un minuto.

  6. v i

    Interromper temporalmente o desenvolvemento dunha acción, dun movemento ou dun percorrido.

    Ex: O autobús para sempre no mesmo sitio. Paramos naquel albergue para coller forzas. Parou para xantar.

  7. v i
    1. Terminar nun lugar determinado.

      Ex: Co aire que fixo o caldeiro parou na porta da miña veciña. Ese camiño vai parar ao río.

    2. Chegar algo ou alguén á súa fin ou a unha determinada situación. OBS: Úsase coa preposición en.

      Ex: En que parou aquel conflito? Despois de tantas idas e voltas parou no cárcere.

  8. v i

    Interromper, de forma voluntaria e temporalmente, unha determinada actividade en sinal de protesta.

    Ex: Os bombeiros paran dez minutos todos os días porque reclaman unha subida de soldo.

  9. v i e pron

    Deixar de funcionar unha cousa.

    Ex: A lavadora parou de repente. O motor do coche parouse.

  10. v pron

    Poñer a maior atención ou coidado en facer unha cousa.

    Ex: O dentista párase moito comigo. Se se parase non cometería tantos erros.

  11. v i

    Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘estar’.

  12. Aparato que protexe as liñas e instalacións eléctricas tanto das descargas atmosféricas como das sobretensións inducidas como consecuencia de curtocircuítos ou manobras. Xeralmente, emprégase un descargador de sobretensión.

Frases feitas

  • Ir parar. Ir dar a. Ex: Onde foi parar o caderno de notas?

  • Para o carro! Escoitar o que se di antes de falar.

  • Non parar. Non soportar unha cousa ou unha determinada sensación por experimentala con moita intensidade. Ex: Non hai quen pare co frío.

  • Onde vai parar! Expresa que alguén posúe unha calidade en grao extremo.

  • Pararlle os pés. Reprender. Ex: Houbo que pararlle os pés senón facía o que lle daba a gana.

  • Quedar/Saír ben/mal parado. (Non) sufrir dano despois de pasar dificultades, penas ou problemas. Ex: Saíuche mal parado daquela liorta.

Palabras veciñas

parapsoríase | paraqueratose | 1 parar | 2 parar | 2 parar | pararraios | pararrosanilina
Conxugar
VERBO 2 parar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
paro
paras
para
paramos
parades
paran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
paraba
parabas
paraba
parabamos
parabades
paraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
parei
paraches
parou
paramos
parastes
pararon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
parara
pararas
parara
pararamos
pararades
pararan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pararei
pararás
parará
pararemos
pararedes
pararán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pararía
pararías
pararía
parariamos
parariades
pararían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
pare
pares
pare
paremos
paredes
paren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
parase
parases
parase
parasemos
parasedes
parasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
parar
parares
parar
pararmos
parardes
pararen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
para
-
-
parade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
parar
parares
parar
pararmos
parardes
pararen
Xerundio parando
Participio parado
parada
parados
paradas