2 parar
(< latparāre)
-
v t
Impedir que continúe unha acción ou un movemento determinado.
Ex: Os médicos conseguiron pararlle a hemorraxia. Parou a aspiradora para falar comigo. Paroulle a patada coa cadeira.
Sinónimos: deter. -
v t
Levantar o can a caza.
Ex: O can de meu pai para moi ben as perdices.
-
v t
-
Quitar, en esgrima, coa espada o golpe do contrario.
-
Deter ou interceptar a pelota ou a xogada ou movemento do contrario.
Ex: O porteiro parou tres penaltis.
-
-
v i
Deixar de producirse ou ocorrer algo que está en proceso.
Ex: Non parou de chover en todo o día. De súpeto, os berros pararon.
Sinónimos: cesar. -
v i
-
Aloxarse nunha poboación ou nun lugar determinado.
Ex: Cando estudante paraba nesa pensión.
-
Ir con frecuencia a un lugar.
Ex: Habitualmente paraba no bar do Elixio.
-
Estar nun lugar ou nunha situación durante un tempo máis ou menos prolongado.
Ex: As vacas páranlle soas no prado da horta. O meu fillo non para na casa. Non para quieto nin un minuto.
-
-
v i
Interromper temporalmente o desenvolvemento dunha acción, dun movemento ou dun percorrido.
Ex: O autobús para sempre no mesmo sitio. Paramos naquel albergue para coller forzas. Parou para xantar.
-
v i
-
Terminar nun lugar determinado.
Ex: Co aire que fixo o caldeiro parou na porta da miña veciña. Ese camiño vai parar ao río.
-
Chegar algo ou alguén á súa fin ou a unha determinada situación. OBS: Úsase coa preposición en.
Ex: En que parou aquel conflito? Despois de tantas idas e voltas parou no cárcere.
-
-
v i
Interromper, de forma voluntaria e temporalmente, unha determinada actividade en sinal de protesta.
Ex: Os bombeiros paran dez minutos todos os días porque reclaman unha subida de soldo.
-
v i e pron
Deixar de funcionar unha cousa.
Ex: A lavadora parou de repente. O motor do coche parouse.
-
v pron
Poñer a maior atención ou coidado en facer unha cousa.
Ex: O dentista párase moito comigo. Se se parase non cometería tantos erros.
-
v i
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘estar’.
Frases feitas
-
Ir parar. Ir dar a. Ex: Onde foi parar o caderno de notas?
-
Para o carro! Escoitar o que se di antes de falar.
-
Non parar. Non soportar unha cousa ou unha determinada sensación por experimentala con moita intensidade. Ex: Non hai quen pare co frío.
-
Onde vai parar! Expresa que alguén posúe unha calidade en grao extremo.
-
Pararlle os pés. Reprender. Ex: Houbo que pararlle os pés senón facía o que lle daba a gana.
-
Quedar/Saír ben/mal parado. (Non) sufrir dano despois de pasar dificultades, penas ou problemas. Ex: Saíuche mal parado daquela liorta.
Palabras veciñas
paraqueratose | 1 parar | 2 parar | 2 parar | pararraios | pararrosanilina | parasangaIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles paro
paras
para
paramos
parades
paran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles paraba
parabas
paraba
parabamos
parabades
paraban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles parei
paraches
parou
paramos
parastes
pararon
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles parara
pararas
parara
pararamos
pararades
pararan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles pararei
pararás
parará
pararemos
pararedes
pararán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles pararía
pararías
pararía
parariamos
parariades
pararían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles pare
pares
pare
paremos
paredes
paren
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles parase
parases
parase
parasemos
parasedes
parasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles parar
parares
parar
pararmos
parardes
pararen
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
para
-
-
parade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles parar
parares
parar
pararmos
parardes
pararen
parada
parados
paradas