Pardiñas, casa de

Pardiñas, casa de

Construción situada en Noceda (Lalín). Trátase dunha edificación de cachotaría, á que se accede por un portón de perpiaño cun arco de medio punto e coroado con ameas. A fachada principal, sobre a que se atopan dous escudos, está reformada.