Parmelia
Parmelia
[PROTISTA/FUNGO]
Xénero de liques da familia das parmeliáceas, que se caracterizan por posuír o talo foliáceo, máis ou menos aplicado ao substrato, lobulado e xeralmente provisto de ricinas. Comprende especies comúns que viven sobre rochas ou cascas de árbores.