pasmado -da

pasmado -da

(< pasmar)

  1. p reg

    de pasmar.

  2. adx

    Que está abraiado por algo e non amosa capacidade de reacción.

    Ex: Quedou pasmado co que lle dixeches.

  3. adx [HERÁLD]
    1. Aplícase a algúns peixes ou ao golfiño que se representan coa boca aberta e sen lingua, aletas nin barbas.

    2. Aplícase á aguia que se representa coas plumas das ás caídas ou coas ás pregadas.

Palabras veciñas

pasividade | pasivo -va | Paskevic, Ivan F’odorovic | pasmado -da | pasmar | pasmo | pasmón -na