paspallás

paspallás
  1. s m [ANIMAL/ORNIT]

    Nome común con que se coñece algunhas aves da familia dos fasiánidos, de entre 18 e 23 cm de lonxitude e de interese cinexético, como son os individuos pertencentes aos xéneros Coturnix, Colinus e Callipepla.

  2. paspallás californiano [ANIMAL/ORNIT]

    Ave duns 23 cm de lonxitude, de plumaxe parda agrisada no dorso. Os machos teñen a cabeza de cor parda no curuto, branca por riba do ollo e negra por debaixo, ao igual ca o pescozo, e o peito azulado. A femia é de menor tamaño e case toda parda. Ambos teñen na cabeza unha pluma negra que sobresae cara a diante. De orixe norteamericana, foi introducida en Galicia como especie cinexética.

  3. paspallás común [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de 18 cm de lonxitude, de plumaxe acastañada con riscos, co ventre máis pálido, cunha mancha branca e moura na gorxa dos machos, ás aguzadas e cola curta. O seu voo é baixo e moi curto. Habita nos pastos, cultivos, etc, ata os 1.500 m de latitude, e aliméntase de sementes, caracois, vermes, etc. En España é fundamentalmente estival, ao igual que en Galicia, aínda que nalgunhas zonas está presente todo o ano. Considérase unha especie protexida e ten o status de vulnerable.

  4. paspallás virxiniano [ANIMAL/ORNIT]

    Ave de 23 cm, de corpo robusto, cun peteiro moi forte e con forma de serra nos bordos cortantes das mandíbulas. É parda, pero máis clara polo ventre e cunha lista ocular negra rodeada de dúas listas brancas; a femia é igual ca o macho pero en vez de manchas brancas ten manchas de cor crema. De orixe americana, tamén foi introducida como especie cinexética en Galicia.

Formas incorrectas

colín

Palabras veciñas

Paso, furna do | pasodobre | Pasolini, Pier Paolo | paspallás | Paspalum | paspán -na | paspartú