Paspalum
Paspalum
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas anuais ou perennes, da familia das poáceas, glabras ou pouco pilosas, que presentan as follas de cor verde clara, cunha lígula membranosa e as inflorescencias con dúas flores dispostas en acios. En Galicia están presentes en zonas do litoral as especies P. dilatatum e P. vaginatum.