pastoral
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos pastores ou á vida dos pastores.
Sinónimos: pastoril. -
[RELIX]
-
adx
Relativo ou pertencente aos sacerdotes, bispos e á súa actividade como pastores de almas.
-
s
f
Conxunto de actividades que a Igrexa realiza para que os homes acepten a súa mensaxe de salvación. Distínguese entre a pastoral litúrxica, orientada á comunidade, e a pastoral misioneira, orientada aos non crentes. OBS: Tamén se denomina acción pastoral.
-
s
f
carta pastoral.
-
s
f
visita pastoral.
-
bastón pastoral
Caxato que levan os bispos, abades e abadesas nas cerimonias litúrxicas como símbolo de autoridade.
-
teoloxía pastoral
Ciencia teolóxica sobre a acción pastoral da Igrexa chamada tamén teoloxía práctica. O seu obxecto formal é o condicionamento da realización da Igrexa en cada situación de actualidade. Os bispados dunha mesma provincia eclesiástica teñen creado centros de estudos pastorais.
-
adx
-
adx e s
f
Aplícase ás composicións artísticas e literarias que evocan os costumes pastorís.