Peña Fraga, Xosé

Peña Fraga, Xosé

Actor. Coñecido como Pepet, desenvolveu a súa carreira cinematográfica en EE UU e México, primeiro como ilusionista e cómico e despois como actor, sobre todo en versións en castelán de filmes da Paramount e Monogram. Despois dunha breve etapa como libreiro en México, volveu á interpretación da man de Luis Buñuel, con Ensayo de un crimen/La vida criminal de Archivaldo de la Cruz (1955). Destaca tamén a súa participación en El Dios del mar (1930), No matarás (1935) e 5 de chocolate y uno de fresa (1967).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso

    Lugar : México