2 pita
2 pita
-
s
f
[PLANTA]
Planta perenne, de follas oblongo-lanceoladas de cor branca azulada, flores de cor amarelada verdosa e froito en cápsula alongada. Florece entre xuño e agosto. Vive en zonas áridas e de clima cálido. Atópase naturalizada en toda a rexión mediterránea.
-
s
f
[BOT]
Mazaroca da agave.
-
s
f
[TÉXT]
Fibra téxtil obtida das follas dun tipo de pita que se cultiva nas Illas Mauricio, nas zonas tropicais de América, no norte de África e nunha gran parte de Europa meridional. Obtense dividindo as follas lonxitudinalmente empapándoas lixeiramente e someténdoas a un desfibrado á man ou á máquina, a un lavado e a un secado. Emprégase para facer algúns tecidos, cordas e cordeis.