Pita
-
[ONOM]
Apelido galego orixinario da veiga de Pontedeume. A esta liñaxe pertenceron Alonso Pita da Veiga, un dos tres cabaleiros que tivo prisioneiro a Francisco I de Francia e que foi premiado con escudo de armas polo Emperador Carlos I, e María Pita. Tamén se recolle a forma Pita da Veiga.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe galega que ten como armas escudo mantelado: primeiro, en campo de goles, unha cruz, de ouro; segundo, en campo de goles, un guante de armas, de ouro; terceiro en campo de sinople un rei preso. Outros traen en escudo cuartelado en aspa: primeiro, en campo de goles, cunha man de carnación, de palma; segundo, en campo de goles, cunha faixa de ouro cargada dunha cruz latina de prata e acompañada de catro cruces gregas do mesmo, dúas enriba e dúas abaixo en faixa; terceiro, unha bandeira de prata cargada coa aspa de Borgoña coroada de ouro; cuarto, en campo de azul con tres flores de lis de ouro, mal ordenadas, e brochante sobre os trazos de partición con dúas alabardas de prata. Tamén se recolle a forma Pita da Veiga.