plana

plana

(< plano)

  1. s f
    1. Cara dunha folla de papel.

    2. Páxina, especialmente a dunha revista ou xornal.

      Ex: A noticia saíu na primeira plana.

    3. Conxunto de liñas compostas en tipografía que, despois de ser impresas, han de formar unha páxina.

  2. s f

    paraza.

  3. plana maior
    1. [BÉL]

      Conxunto de xefes, oficiais, suboficiais, e tropa que, dentro dunha pequena unidade (rexemento ou batallón), auxilian directamente o xefe que ten o mando da unidade, e da que dependen directamente. Pode constituír unha unidade específica que se denomina compañía ou batería de plana maior.

    2. Conxunto de dirixentes e cargos principais dun partido político ou dunha corporación ou organización.