planetario -ria
planetario -ria
(< lat planetarĭu)
-
-
adx
Relativo ou pertencente aos planetas.
-
sistema planetario
[ASTRON]
Conxunto de planetas que orbitan ao redor dunha estrela. Ademais do sistema solar, hai evidencias da existencia de planetas ao redor dalgunhas estrelas.
-
adx
-
s
m
[ASTRON]
-
Conxunto de dispositivos ópticos e mecánicos destinados a reproducir o aspecto do firmamento e os movementos dos astros.
-
Edificio que alberga un planetario.
-
-
engrenaxe planetaria
[TECNOL]
Tipo especial de engrenaxe en que polo menos unha das rodas dentadas xira, ademais de sobre o seu mesmo eixe, ao redor doutro chamado eixe central.