planetesimal

planetesimal

(< planeta)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a un planetesimal.

  2. s m [ASTRON]

    Corpo que formou parte do disco de crecemento que deu lugar ao sistema solar. As dimensións, moi variables, podían ir desde milímetros ata algúns quilómetros; solidifícanse co po en suspensión que rodea unha estrela nova e poden reunirse con outros para formar planetas ou permanecer como asteroides.

    Sinónimos: planetésimo.