Planeta, Editorial

Planeta, Editorial

Empresa editorial fundada en Barcelona en 1950 por José M. Lara Hernández. Dedicada á novela en castelán, co tempo diversificou a súa produción para editar libros de consulta e enciclopedias, das que cómpre mencionar as versións en castelán da Grand Larousse Encyclopédique (1969-1972) e do Gran Ditionnaire Encyclopédique Larousse (1987-1990). En colaboración con De Agostini xestiona as editoras Espasa, Altaya, Seix Barral, Ariel, Destino, Minotauro, Booket e Crítica, así como as súas filiais en América Latina. Editor do xornal La Razón, participa en diversos medios de comunicación. Convoca anualmente o Premio Nadal (desde 1945), o Premio Planeta de novela en castelán (desde 1951) e o Premio Planeta Internacional para América Latina (desde 1991).

Palabras veciñas

1 planeta | 2 planeta | Planeta Terra, Misión | Planeta, Editorial | planetario -ria | planetesimal | planetésimo