Pomba
Pomba
[ONOM]
Antropónimo feminino procedente do latín palumba ‘pomba’ que no Antigo Testamento era símbolo da paz e no Novo Testamento identifícase co Espírito Santo. Na iconografía aparece a pomba, ben como símbolo da inspiración de escritores santos, ben aludindo a episodios da súa vida. Co tempo, a pomba coa póliña de oliveira no bico adquiriu o sentido de símbolo universal da paz. A súa festividade celébrase o 15 de agosto.