Pontedeume, ría e marismas de
Pontedeume, ría e marismas de
Desembocadura do río Eume, en que se forman meandros coas beiras recheas de lama e con vexetación halófila. Debido á variación de salinidade fórmanse carrizais e xunqueiras en que viven aves como cormoráns e garzas, ademais de mamíferos. Pódense localizar cintos de algas con fauna eurihalina asociada.