R

R
  1. Sigla de Romanía na placa de estado.

  2. [FÍS]

    Símbolo da resistencia.

  3. [METROL]

    Símbolo do röntgen.

  4. [METROL]
    1. Símbolo do grao na escala Réaumur de temperaturas.

    2. Símbolo do grao na escala Rankine de temperaturas.

  5. [QUÍM]

    Símbolo derivado do latín rectus, que indica que os substituíntes dun centro quiral están ordenados no sentido do xiro das agullas do reloxo, cando se lle aplica a este centro o procedemento da regra da secuencia.

  6. [QUÍM/FÍS]

    Constante da ecuación dos gases perfectos, coñecida como constante molar de gas ou constante dos gases, definida pola relación R = PV/nT, sendo P a presión exercida por un volume V de gas constituído por n moles e a unha temperatura de T kelvins. O seu valor é de 8,31441 Jmol -1 K -1 .

  7. [LIT]

    Pergamiño Vindel.

  8. Símbolo do atraso, empregado en reloxaría. Gravado no regulador de marcha dun reloxo, indica cara a onde hai que mover o cursor para corrixir o avance.