R
R
[COMUN]
Empresa galega de telecomunicacións por cable que iniciou as súas actividades en 1999. Encárgase da construción dunha infraestrutura propia de banda ancha para toda Galicia e no seu accionariado participan algunhas destacadas empresas galegas, como Unión Fenosa, Caixanova, Banco Pastor, Editorial Compostela, Hijos de Rivera e diversos xornais galegos.