radiador
(
-
[TECNOL]
-
s
m
Aparato que se emprega para arrefecer unha substancia quente que hai no seu interior ou que circula por el (como nos circuítos de refrixeración dos motores de combustión interna, especialmente os dos vehículos automóbiles). Os radiadores de motor poden ser de auga, ás veces mesturada con líquidos refrixerantes, ou de aceite, dependendo de que polo seu interior circule auga ou o mesmo aceite do cárter que, ademais de lubrificar o motor, o refrixera.
-
radiador eléctrico
Calefactor que se basea na transformación dunha corrente eléctrica en calor ao pasar por unha resistencia (efecto Joule).
-
s
m
Aparato cunha gran superficie de radiación, que se emprega para quentar o aire circundante facendo circular polo seu interior vapor ou auga quente. Adoitan estar constituídos por diversos corpos verticais ocos e conectados polos extremos polos que circula vapor ou auga a temperatura elevada, e a súa superficie exterior pode ser lisa ou estar provista de aletas para facilitar a transmisión de calor por convección e, en escasa proporción, por radiación.
-
s
m
-
radiador gris
[FÍS]
Radiador que en todo o espectro emite unha fracción k da enerxía emitida polo corpo negro á mesma temperatura.
-
radiador ideal
[FÍS]
Fonte luminosa teórica que cumpre con estas dúas condicións: na zona visible do espectro emite cunha distribución de enerxías, segundo as lonxitudes de onda, igual á do corpo negro á mesma temperatura; e nas outras zonas do espectro non emite ningunha radiación.
-
radiador integral
[FÍS]
corpo negro.