radial

radial

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente a un raio.

    1. adx

      Que ten unha disposición análoga á dos raios dunha roda.

    2. adx e s f

      Aplícase ás vías que parten dun centro común.

    3. conduto radial [ZOOL]

      Cada un dos condutos que xorden do estómago das medusas e que van dar á canle circular que bordea a umbrela.

    4. conduto radial [ZOOL]

      Cada un dos condutos que nos equinodermos xorden da canle anular e se estenden polos brazos ou rexións do corpo do animal, e dos que xorden os pés ambulacrais.

  2. [ANAT]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao radio, óso do antebrazo.

    2. arteria radial

      Rama terminal da arteria braquial que percorre o antebrazo e que pola súa superficialidade se utiliza para tomar o pulso.

    3. músculos radiais

      Primeiro e o segundo radio externo da rexión externa do antebrazo, extensor e abdutor da man o primeiro e só extensor o segundo.

    4. nervio radial

      Única rama terminal do plexo braquial, que vai parar aos músculos dorsais da extremidade superior. É un nervio mixto: motor (tríceps, cubital, supinador curto, radiais e extensor común) e sensitivo (non ten territorio autónomo).

    5. punto radial

      Punto somatométrico lateral que corresponde á articulación do úmero e o radio.

Palabras veciñas

radiación | radiado -da | radiador | radial | radián | radiancia | radiante