ravo

ravo

(

  1. s m [PLANTA]

    Planta herbácea anual ou bienal, de ata 1 m de altura despois da floración, con raíz napiforme, carnosa e comestible, de forma, tamaño e coloración variable. As follas basais son pecioladas, sen pelo, lobuladas ou pinnatipartidas, e as caulinares son pequenas, oblongas, verde claro e menos lobuladas ca as basais. As flores son brancas, rosadas ou amarelentas, con nervios violáceos, agrupadas en acios e con froito en sílicua grosa. Florece desde maio ata outono, é orixinaria de Asia e emprégase como planta medicinal.

  2. s m

    Raíz comestible desta planta.

  3. ravo rústico [PLANTA]

    Planta herbácea, perenne, co talo e a raíz engrosada e carnosa, con follas basais moi grosas, oblongas e festonadas, e con follas caulinares lanceoladas atravesadas ou pinnatífidas, con flores brancas, en acios, e con froitos en sílicua. As raíces empréganse como condimento e remedio.