regra
(
-
[MAT/ARTE]
-
s
f
Instrumento de madeira, plástico ou metal, longo e recto, de sección rectangular e xeralmente de pouco grosor, empregado para trazar liñas rectas cun lapis ou cun tiraliñas.
-
regra graduada
Regra que leva gravada unha escala lineal, xeralmente en centímetros e milímetros, e que se emprega para medir lonxitudes nun debuxo.
-
s
f
-
s
f
Instrución ou norma de conduta, que indica o que se debe ou non se debe facer e a maneira de facelo.
-
s
f
[FISIOL]
menstruación.
-
[RELIX]
-
s
f
Conxunto das ordenacións que regulan a vida cotiá e o comportamento a seguir nunha orde relixiosa.
-
s
f
Cada un dos preceptos dunha regra relixiosa.
-
regra monástica
Norma escrita que regula a vida dos frades con miras á observación dos consellos evanxélicos. Nun principio os frades rexíanse por decretos conciliares, decretais pontificias e leis civís ditadas por eles. Cada unha das comunidades monásticas regulaba a súa vida seguindo algún dos conxuntos de regras contidas nos codices regularum, coleccións coas regras e tratados ascéticos dos monxes de Exipto e as regras de santo Agostiño, san Pacomio, san Basilio e san Xerome, entre outros. As regras antigas foron reunidas por san Bieito de Aniana nun Codex regularum no s IX. Despois estas regras foron substituídas pola regula monachorum de san Bieito de Nursia (regra de san Bieito).
As regras monásticas en Galicia
A diferenza do que sucedeu no resto de Europa, a entrada da regra de san Bieto no NO da Península Ibérica foi un proceso tardío. Durante os períodos suevo e visigodo, e a Reconquista, seguíronse algunha das regras dos codices regularum. Estas regras adaptáronse á nova realidade e xurdiron outras novas. As máis relevantes foron a de san Martiño de Dumio, inspirada nas regras de san Cesáreo de Arles e san Bieito e nos opúsculos orientais, sobre os que compuxo As palabras dos anciáns e Sentenzas dos Pais Exipcios; e a de san Froitoso de Braga que, xunto cunha segunda recensión denominada Regula communis (665-680), permitiu unificar o réxime de todas as abadías que fundara. Estas regras incluían o pactum, unha fórmula contractual pola que os monxes expresaban a súa submisión ao abade que elixían, aínda que limitaban os seus poderes ao cumprimento do seu oficio. Estas regras monásticas estendéronse pola Península Ibérica e influíron na reforma monástica carolinxia, e san Bieto de Aniano incorporou a regra de san Froitoso ao seu Codex regularum. A lenta penetración da regra de san Bieito en Galicia debeuse probablemente á existencia dun vigoroso movemento monástico que non precisaba dunha nova regra. Aínda que se documenta a regra de san Bieito no mosteiro de Samos xa en 690, non foi ata os Decretos de Coyanza (1055), cando se ordenou a equiparación da regra de santo Isidoro de Sevilla coa de san Bieito. A chegada dos monxes cluniacenses supuxo o establecemento definitivo da regra beneditina nos mosteiros de Xubia, Pombeiro, Budiño e Valverde. A partir da expansión das ordes mendicantes no s XIII introducíronse novas regras monásticas como a franciscana.
-
s
f
-
[MAT]
-
regra de falsa posición
Método para resolver a ecuación a·x = b, utilizado antes de inventarse a notación alxébrica actual, consistente en utilizar a fórmula (escrita na notación actual)
FORMULA
onde x1e x2son números tales que
FORMULA2 -
s
f
Método prescrito para facer unha operación ou para resolver un determinado problema.
-
regra dos signos
Regra que dá o signo do produto de dous números reais calquera. Pódese enunciar dicindo que se os signos son iguais o produto ten signo positivo, e se son diferentes ten signo negativo.
-
regra de falsa posición
-
s
f
[LING]
-
Precepto referente ao bo uso da lingua, en gramática tradicional e normativa.
-
Formulación dun procedemento fonético, morfolóxico, sintáctico, ortográfico e de formación de palabras dunha lingua.
-
Calquera hipótese ou constatación empírica dunha realidade lingüística, diacrónica ou sincrónica, ou ben calquera hipótese no seo dunha teoría lingüística xeral. Poderíase distinguir entre lei e regra considerando o primeiro termo como a formulación que resulta dunha busca empírica da realidade das estruturas dunha lingua, e o segundo, como o froito dunha tentativa de produción dun modelo lingüístico para a estruturación dos feitos da lingua.
-
-
s
f
[CONSTR]
Instrumento longo e recto, de sección rectangular, groso e de gran tamaño, que empregan os obreiros como guía para diversas tarefas como facer lisas as paredes ou aliñar os ladrillos.
-
regra de cálculo
[MAT/ENX]
Pequeno instrumento portátil de madeira, metal ou plástico, e cun grao de aproximación suficiente, na práctica, para a maioría de aplicacións técnicas. Consiste nunha regra provista de varias escalas graduadas, que leva, ademais, unha pequena regra tamén graduada, desprazable respecto da regra principal e un cursor transparente, tamén desprazable, provisto dunha ou máis raias verticais. A regra de cálculo permite facer diversas operacións matemáticas, pero non sumas nin restas. Foi substituída polas calculadoras.
-
regra de tres
[MAT]
Algoritmo utilizado na resolución de problemas de proporcionalidade. Nunha función de proporcionalidade directa y = kx, cando se coñece x1, x2, y1 = kx1 e se quere determinar y2, que vén dado pola fórmula y2 = (y1/x1)x2, aplícase esta regra. Consiste en colocar os datos na forma
FORMULA3
e aplicar que y2 = (x2·y1)/x1. -
regra de ouro
[FILOS]
-
Norma ética que consiste en facer aos outros o que se quere para un mesmo.
-
Norma ou precepto que é moi conveniente seguir.
-