Riario

Riario

Familia da Romaña, orixinaria da cidade de Savona, que posuíu as señorías de Imola e Forlí. Destacaraon Girolamo Riario (?-1488), organizador da conxura dos Pazzi contra os Medici (1478), o seu irmán Pietro Riario (?-1474), cardeal e legado pontificio (1473) e Raffaele Riario (1455?-Nápoles 1521), cardeal e protector das artes teatrais e musicais.