Ribas de Miño, San Facundo de

Ribas de Miño, San Facundo de

Antigo mosteiro situado en San Facundo de Ribas de Miño (Paradela). Era filial do mosteiro de Santa María de Castro de Rei. Conserva a igrexa, a área do convento e varias estruturas anexas. A igrexa pasou a ser parroquial. Na nave presenta restos románicos e no muro meridional destaca unha porta de arquivolta en aresta e columnas acobadeladas. O arco triunfal é de medio punto. Foi declarada BIC en 1982.