Rivacoba
Rivacoba
Liñaxe de orixe galega que trae por armas en escudo partido: primeira partición, en campo de ouro, un león rampante de goles, que leva un ramo de loureiro na súa garra destra; segunda partición, en campo de prata, un monte de penedos dos que sae unha serpe coa cabeza mirando á destra; bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro.