Rogers, Richard
Rogers, Richard
Arquitecto británico. Autor da urbanización Wates, en colaboración con Foster Associates (1965), e de varias vivendas e proxectos para empresas, traballou xunto con Renzo Piano (1970-1977) no Centre National d’Art et de Culture Georges Pompidou de París (1971-1977). É autor tamén das oficinas da compañía Lloyd’s en Londres (1978-1986), dunha fábrica en Newport (1987), do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos de Estrasburgo (1989-1995) e dalgunhas terminais do aeroporto de Heathrow (1993 e 1998).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Florencia