Rotary Club

Rotary Club

Asociación mundial e apolítica de persoas representativas (profesionais, altos funcionarios, homes de negocios, e outros) baixo o ideal de servizo (He profits most who serves best, ‘Dá máis proveito o que mellor serve’) como medio para a mellora progresiva da humanidade. Fomentou unha moral elevada nas profesións e nos negocios, buscando mellorar o entendemento internacional e a paz a través da solidariedade. O primeiro Rotary Club foi fundado en Chicago (1905) e desde 1922 os diferentes clubs constitúen a Rotary International, con sede central en Evaston (Illinois). O nome alude ao costume de celebrar rotativamente as reunións semanais, ademais, cada ano celébrase un encontro mundial. Pode ser membro todo home que presente unha categoría de traballo, e o ingreso faise por cooptación. Non se admiten mulleres; estas constituíron unha asociación análoga, o Soroptimist Club.

Palabras veciñas

rotar | Rotario | rotario -ria | Rotary Club | rotativa | rotativo -va | rotatorio -ria