Rutherford, experimento de

Rutherford, experimento de
[FÍS]

Experimento realizado por E. Rutherford en 1911, cuxos resultados serviron para postular a teoría atómica do mesmo autor (modelo atómico de Rutherford). Consiste no bombardeo de láminas moi finas de ouro ou de prata con partículas á. Obsérvase que a maioría destas atravesan as láminas sen sufrir desviación ningunha, mentres que unha pequena proporción experimenta diversas desviacións e unha de cada 20.000 é reflectida pola lámina.

Palabras veciñas

Rutherfor, John | rutherford | Rutherford, Ernest | Rutherford, experimento de | Rutherford, modelo atómico de | rutherfordio | rutilante