rutherfordio
rutherfordio
(< antropónimo E. Rutherford)
s
m
[QUÍM]
Elemento de número atómico 104. Provén do bombardeo do californio 13 con carbono 12 ou carbono 13 para obter, respectivamente, o isótopo 257 ou o 259. Ten unha vida media de 3,4 segundos para o primeiro isótopo e de 3,8 para o segundo. Sintetizado na URSS e en EE UU independentemente, xurdiu polémica con respecto á preparación do elemento e o seu nome (kurchatovio para os rusos e rutherfordio para os americanos). En 1997 a IUPAC adoptou este nome, tras unha anterior denominación (unilquadio).