Real Academia de Ciencias Morales y Políticas
Institución fundada en Madrid polo Real Decreto de 30 de setembro de 1857 firmado por Isabel II en que se lle encomendou cultivar as ciencias morais e políticas. Comezou a desenvolver a súa actividade na sede da Real Academia de la Historia na Casa de la Panadería ata que en 1866 obtivo a cesión da Torre de los Lujanes. Divídese nas seccións de Ciencias Filosóficas, Ciencias Políticas y Jurídicas, Ciencias Sociales e Ciencias Económicas. Realiza traballos de investigación científica, publicacións como o Anuario e colaboracións con outras institucións, ademais da xestión da súa biblioteca. Os seus traballos baséanse en discursos e ponencias dos académicos onde debaten sobre temas de actualidade e a actividade das tribunas, organizacións estables con diversas especializacións para encauzar a colaboración entre académicos especialistas e outros estudosos. Está incorporada ao Instituto de España. Ten académicos numerarios, honorarios e correspondentes