Real Academia Nacional de Medicina
Institución fundada en Madrid que naceu do desenvolvemento dun parladoiro de médicos, cirurxiáns e farmacéuticos reunidos desde mediados do s XVIII na botica de J. Ortega e que en 1733 se oficializou co nome de Tertulia Literaria Médica Matritense. En 1734 modificouse polo nome de Académica Médica Matritense, aprobada por real decreto de Filipe V e desde entón tomou o apelativo de real. Intenta dar información de tipo médico con diversas publicacións e presta diversos servizos ao estado, como o desenvolvemento de informes sobre saúde pública. Na súa sede desenvolve cursos de posgrao ou monográficos con validez universitaria. Desde 1879 publica os Anales de la Real Academia Nacional de Medicina e en 1921 iniciou a Biblioteca Clásica de la Medicina Española. Ten académicos de número e correspondentes e está integrada no Instituto de España.