Real Acordo
Real Acordo
Organismo creado a partir de 1726 con facultades de goberno, que en Galicia tiña as competencias propias do Consello de Castela. Estaba facultado para ditar provisións e podía intervir normalmente na vida política dos concellos rurais e urbanos, de reguengo ou de señorío, con disposicións referentes a abastos, obras públicas, sanidade, ordenanzas, levas ou repartimentos de rendas.