Sar, ponte do
Sar, ponte do
Construción situada sobre o río Sar ao seu paso pola parroquia homónima en Santiago de Compostela. Trátase dunha ponte de cantaría do s XIII con tres arcos de medio punto. Atópase no antigo camiño de acceso a Santiago de Compostela desde Ourense. Por ela accedían os peregrinos que seguían a Ruta da Prata.