Sar, ponte do

Sar, ponte do

Construción situada sobre o río Sar ao seu paso pola parroquia homónima en Santiago de Compostela. Trátase dunha ponte de cantaría do s XIII con tres arcos de medio punto. Atópase no antigo camiño de acceso a Santiago de Compostela desde Ourense. Por ela accedían os peregrinos que seguían a Ruta da Prata.

Palabras veciñas

Sar, comarca do | Sar, Máximo | Sar, pedra de | Sar, ponte do | Sar, Santa María a Real de | sara | Sara