Sara
Sara
[ONOM]
Antropónimo feminino que procede do hebreo sarah ‘princesa’. O personaxe bíblico que levaba este nome chamábase orixinalmente Sarai ‘controvertida’, e máis tarde pasou a ser Sarah, xa que, segundo o relato bíblico, se había de converter en nai de moitos reis. Co tempo o seu nome latinizouse en Sara.