Saudade

Saudade
[PUBLIC]

Revista publicada en México a partir do 25 de xullo de 1942. Cesou en 1953. Subtitulada “Verba galega nas Américas”, promoveuna o grupo Saudade e a Irmandade Galeguista. De carácter literario, o seu obxectivo foi a implantación da identidade galeguista e a ideoloxía nacionalista entre o colectivo de emigrantes galegos en México. Tivo dúas épocas, a primeira (1942-1943), dirixida por Marcial Fernández e cunha marcada tendencia idealista. A segunda (1952), baixo a dirección de Florencio Delgado Gurriarán, caracterizouse polo celtismo, o atlantismo e os ideais republicanos.

Palabras veciñas

saudable | saudación | saudade | Saudade | Saudades Gallegas | saudar | saúde