segmento
(
-
-
s
m
Parte limitada dun todo continuo.
-
s
m
[MAT]
Parte dunha recta comprendida entre dous puntos fixados, A e B, da recta, que se denominan extremos do segmento. Cando estes extremos son considerados nunha certa orde A, B, o segmento AB-- denomínase orientado ou vector fixo.
-
segmento circular
[MAT]
Parte dun círculo comprendida entre un arco e a corda correspondente.
-
segmento esférico
[MAT]
Parte dunha esfera situada entre dous planos paralelos, un dos que, como mínimo, é secante á esfera. En caso de que os dous planos sigan secantes á esfera, o segmento que resulta denomínase segmento de dúas bases.
-
s
m
-
s
m
-
Cada unha das partes dun corpo separadas por un suco profundo.
-
[ZOOL/BIOL]
metámero.
-
[BOT]
Cada unha das partes en que se divide o limbo dunha folla pinnatisecta.
-
[BOT]
folíolo.
-
[TECNOL]
Cada un dos aros de aceiro, de sección xeralmente rectangular ou trapezoidal, que se introducen nuns ocos especialmente practicados á periferia do pistón dun motor para que sirva de xunta entre o pistón e a camisa do cilindro. Nun pistón, que adoita ter catro segmentos, diferéncianse os de compresión, os rascadoiros e os recolledores de aceite. Os segmentos de compresión adoitan ser de sección rectangular ou trapezoidal e están dispostos, en número de 1 ou 2, na parte máis próxima á cámara de combustión. Os segmentos rascadoiros adoitan ter a sección semellante á dunha unlla, están dispostos sobre os de comprensión e teñen por función rascar o aceite da camisa. Os segmentos recolledores de aceite adoitan ser de perfil en C e están dispostos en fendas que teñen buracos para que o aceite que recollen pase ao interior do émbolo e deste ao cárter.
-
-
s
m
[ZOOL]
Parte dun órgano cortada ou marcada mediante liñas reais ou imaxinarias.
-
s
m
[LING]
Resultado da operación de dividir unha cadea falada en unidades discretas que representan cadanseu fonema.