Senén

Senén
[ONOM]

Antropónimo masculino de orixe escura. As grafías antigas Sennen, Sennis, Zennen, Zanino e a forma Zanín, presente na tradición oral, parece que proceden dunha raíz Zan/Zen, que orixinaría unha forma Zen, forma do acusativo grego de Zeus. Sería, coma noutras linguas Zenón, a forma abreviada dun nome teofórico como Zenódoto ou Zenodoro ‘regalo de Zeus’. Zeus expresa a idea de ‘ceo, día luminoso’. Presenta as variantes Senín e Zanín.

Palabras veciñas

Senegambia | Senegambia | senegambiano -na | Senén | Senén, san | senescal | senescalía